Información legal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), informámoste de que este sitio web pertence a:
Actividade: grupo de música tradicional galega "Pa Feira Co Que Temos" (información sobre o grupo, calendario de actuacións e contacto para a contratación de actuacións).
Este aviso regula o acceso e uso do sitio web. Acceder a el implica aceptar estas condicións. A persoa usuaria comprométese a facer un uso lícito da web, sen prexudicar dereitos de terceiros nin danar o seu funcionamento.
Os contidos da web (textos, deseño, logotipos, fotografías e vídeos propios) pertencen ao titular ou a terceiros que autorizaron o seu uso, e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual. O cartel da I Folía da Sartaña é obra de Viki Rivadulla. Non se permite a reprodución, distribución ou transformación sen autorización, salvo para uso persoal e non comercial das fotografías que a web ofrece para descarga na galería do evento.
O titular procura que a información sexa exacta e estea actualizada, pero non garante a ausencia de erros nin a dispoñibilidade continua do sitio. A web inclúe contido e ligazóns a servizos de terceiros (Google, Instagram, WhatsApp, Facebook e outros), sobre cuxos contidos e políticas o titular non ten control.
O tratamento de datos persoais explícase na Política de privacidade e o uso de cookies na Política de cookies.
Este aviso réxese pola lexislación española. Para calquera controversia, e salvo que a normativa de consumidores e usuarios dispoña outra cousa, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que legalmente correspondan.
Última actualización: 30 de outubro de 2026.